Estrella González

Historia

Contar a historia do meu pai é contar a historia das miñas tallas... Naceu en 1903 nun pobo da Coruña (Galiza), comezou a traballar co seu pai (que era mariñeiro mercante e tamén carpinteiro) á idade de 9 anos, na confección de caixóns para botellas de cervexa. Daí en diante non parou de medrar en coñecementos. Chegou a Arxentina moi novo, fabricou barcos, planeadores, tivo unha fábrica de carrocerías de ómnibus (do seu taller saían as carrocerías en madeira para os furgóns de Gath & Chaves e os de Harrod’s, e para as clásicas Estancieras) e outra de portas e xanelas.
 
Os avatares económicos deste país levárono a dedicarse á fabricación de mobles: traballou para Maple e Nordiska entre outras empresas, e finalmente dedicouse por enteiro aos seus clientes. Foi entón cando miña nai aprendeu a lustrar mobles, e podo asegurar que os facía mellor ca meu pai.
 
A estas alturas, é como se eu tivera nacido sobre un banco de carpinteiro.
Teño ferramentas do meu avó, e case todas as ferramentas do meu pai, por suposto o seu último banco de carpinteiro tamén, que actualmente está no meu pequeno taller.
 
Eu comecei a estudar talla no ano 1997, e fun a aulas durante dous anos. A partir deste momento comenzou a miña aventura persoal entre xubias e formóns.
 
Santa Eufemia do Caurel é un pobo perdido nas serras da provincia de Lugo, en Galiza, e aí naceu a miña nai (de quen herdei o nome). Durante toda a miña vida escoitei mil e unha historias sucedidas nesa terra, que amo sen tela coñecido aínda, simplemente por ter amado a miña nai até o indecíbel. Por iso elexín chamarlle “Caurel” a este espazo, onde cada talla leva en si a súa propia historia.

Espero que este pequeno relato sirva para entender por qué levo o amor á madeira máis alá de min mesma.

Estrella eg González


CAUREL TALLAS - ESTRELLA GONZALEZ - TALLAS EN MADERA
Regalos para la familia y la empresa: Bandejas - Relojes - Ceniceros - Cajas - Porta Retratos - Porta Llaves -Porta Velas - Percheros - Espejos